Balada de Tolito

Tolito ten un dado e unha pomba,
unha tose e unha copa chea de viño,
e unhas roupas con po dos camiños,
camiños que xamais levaban a Roma.
Mago das barallas e o sorriso,
malabarista errante das plazuelas,
corazón que lle sae pola camisa,
botas de andar sen présa nin mediasola.
Empeza a función, poñan atención,
o circo cabe nun asento do vagón.
Empeza a función, poñan atención,
billete de segunda, próxima estación.
A non ser pola alma e pola melena,
dos seus veciños non se distinguiría.
O seu oficio é retorcerlle o pescozo á pena
e abrir unha xanela á fantasía.
Para durmir a perna solta bástalle
con ter para viño, pan e tabaco.
Igual che rifa un peite que bota as cartas
e saca o rei de bastos do teu sobaco.
Se queres velo, ven, busca na plataforma,
Tolito sempre está a baixar dalgún tren.
Se queres velo, ven, busca na plataforma,
Tolito sempre está a subir ao primeiro tren.
Cada vez que se  enceuntran dous camiñantes,
cóntanse as súas andanzas e as súas querelas,
cólganlle á noite un interrogante
e chegan ata o fondo das botellas.
Logo, entre catro muros e dous concisos
colchóns, rescatados da miseria,
intercámbianse os trucos e secretos
da arte de ir rodando de feira en feira.
"Ponnos dúas copas máis antes de pechar,
morrerse debe ser deixar de camiñar.
Ponnos dúas copas máis antes de pechar,
hoxe bebo á túa saúde, mañá Deus dirá."




Juez y parte (1985). Joaquín Sabina
Letra: (Joaquín Sabina - Antonio Sánchez - Pancho Varona)

Fotografía © corbis


Comentarios

Publicacións populares