A NOITE MIROUSE NO RÍO


Botei en falta aquel camiño recorrido

Abríase un abismo na tarde laranxa,
un penecho de nebra
esbaraba nugallán
cara á bugalla incendiada do sol,
que cabaleiro, percorría a montaña, lacerándoa.


Botei en falta aquel camiño recorrido,
noutra noite de astros acendidos,
e voltei á lagoa
que fai o río baixo a ponte
lambendo unha cunca de pedras frías.


Pensei no teu corpo emergullando,
sougando,
entre os pequenos remuíños de auga.
Despois a noite mirouse no río,
e alí, fun Narciso.


Dorna, 1984
Pura Tejelo

Fotografías de © Candela Pérez Tejelo

Comentarios

Pura Tejelo dixo…
Quedei admirando, como sempre ,a delicadeza deste blogue e os seus escollidos temas...pero aínda máis cando vin a autoría das fotos.Fantástica elección e conxunción de voces.
Grazas polo detalle, nai e filla compartinto páxina.
Roque Soto Soto dixo…
Grazas, Pura. E parabéns pola túa poesía. Unha aperta.
Roque Soto Soto dixo…
Grazas, Pura. Tamén admiro a túa poesía. Unha aperta.

Publicacións populares