Hai un home na orela
Hai un home na orela
rumoreando palabrasque non alcanzan apenas o bordo dos seus beizos
A luz vaise alargando
sobre unha escuridade diminuta,
Agora o aire celebra a amplitude das salas,
a altura dos teitos,
a piedade silenciosa das lámpadas.
O mar, desprevido
deixa escapar as aves que se agochan
nun prego de luz.
Para gardar o soño,
para sentir un pouco desa vida
que non está na mirada, senón nas súas fendas,
miña man encima do auga deixa un rastro
que só é accesíbel ao pensamento.
Hai un home na praia humanizando
pola súa fraxilidade as mareas.
Luz de tierra (2009)
(Basilio Sánchez - Pablo Guerreiro)
Fotografía de © Franco Fontana
Comentarios