Rock no crepúsculo
Só a tristeza do rock permanece despois do amor,
no crepúsculo dos corpos sobe unha vontade allea, a vontade barroca
de coller flores co cantar madrigais, de beber con calma o viño da soidade
baixo os piñeiros da noite traxeada de verán, e na noite mirar como esmorece a alegría, como sobe o cansazo do tempo
devagar entre os mirtos, como se mostra a Cruz coa sua presenza no meio do camiño das aves.
Retornamos á casa do camiño das aves.
Retornamos á casa como Deuses,
levamos na cintura todo o amor,
ofrendamos a nosa fonda infelicidade
ao Minotauro porque o mundo é seu, súa é
a tristeza, o carro do rock o chorar que se percebe na mulller,
Esa sombra.
E direivos eu do mister das cobras
Manuel Vilanova
Fotografía de © Pennie Smith
Comentarios