Sen linguaxe

Érguese Galicia pra fuxir dos eidos, 
onde asexan os heróis.
Vanse fillos do fondo asulagado
sen pan de espranzas,
cegos, sen hoxes, cáseque fuxidos.
Vanse sen os adeuses das nais
coa dor no acento
e no aceno laios.
Sen linguaxe que diga:
odio a quen me enforca
nesta pedra outa,
neste outomuro de paixaxe irta.
Vanse sen conquerir os hoxes
pra muiñadas de ensoños.
Vaise toda a mocedade boa.
Galicia é unha pantasma núa
pra cabodanos de medos afundidos.
E unha lembranza,
un agoiro de corvo, 
un fisterre de ensoños
no Atlante de naufraxios.
Galicia é un cecáis dun día prematuro,
un falso amor posible
na morredoira banda dos sen tino.
É un refugallo que nasceu sen xeito
nos escachados úteros sen agoras,
sen mañás,
sen ontes misteriosos.
Xosé María Díaz Castro

Fotografías de © Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares