Serra aberta
inmensa antiga herencia!
Panos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno...
Ucedo pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno
Torno eu de novo a ter temor
ó oscurecer
torna a ser conmigo a miña door
i a noite a ser miña señor
i a sombra a vir
calada
non sin eu a sentir.
Alto ceo das noites de tódalas estrelas
entre' as árbores núas como un teito xeado
na túa fría soedade infinda
non hai ningúa cousa do meu corazón.
Os eidos
Uxío Novoneyra
Fotografías de © Emilio Blanco "Milucho"
Comentarios