Tristeza

Meus versos dende a Coruña para homenaxear e recordar á pequena e idílica aldea no cimo da serra para amar e lembrar sempre, Vilarmel de Quiroga.



Quedan no tempo, que o vai levando todo, aqueles recordos coa tristeza do que se vai, o final das fermosas aldeas con moita vida noutro tempo, O Quello coa casa dos antepasado, sin xente e sen a viceira que subía e baixaba camiño do pastoreo, a fonte da Fontela, agora solitaria e triste, o camiño do Ferral, camiño noutro tempo das Ferrerías, os eidos da Cuca, eidos da sementeira todos temas para un poema elexíaco con moita saudade.



E quedan os seus topónimos, os nomes dos lugares que a "intrahistoria" e a tradición lles puxo e inda permanecen, coas imaxens, fotos que quedan para recordar....Vilarmel, unha aldea na fermosura da serra, mirando ao seu futuro incerto...




(A Coruña, febreiro do 2019)

Hilario González Fernández


Fotografías de Vilarmiel feitas por © Hilario González, tocadas e renacidas polo mágoa dunha vella e particular canción de berce do escocés Donovan Leith 



Comentarios

Publicacións populares