Viaxar

Viaxar é marcharse de casa,
é deixar os amigos
é tentar voar
voar coñecendo outras ramas
percorrendo camiños
é tentar cambiar.

Viaxar é vestirse de tolo
é dicir “non me importa”
é querer regresar.
Regresar valorando o pouco
saboreando unha copa,
é desexar empezar.

Viaxar é sentirse poeta,
é escribir unha carta,
é querer abrazar.
Abrazar ao chegar a unha porta
estrañando a calma
é deixarse bicar.

Viaxar é volverse  mundano
é coñecer outra xente
é volver empezar.
Empezar estendendo a man,
aprendendo do forte,
é sentir soidade.

Viaxar é marcharse de casa,
é vestirse de tolo
dicindo todo e nada cunha postal,
É durmir noutra cama,
sentir que o tempo é curto,
viaxar é regresar.



Gabriel García Márquez


Fotografías de © Candela Pérez Tejelo

Comentarios

Publicacións populares