Abismo
No tremor dunha folla, no matiz da cor dun argueiro de herba, na forma dun trevo, no zoar dunha abella, no brillo dunha pinga de orballo, no azo do vento, no avelaíño cheiro procedente do bosque, producíase todo un universo de suxerencias, unha leda e variada sucesión de pensamentos rapsódicos e sen método.
Ocupado nisto camiñei durante varias horas, nas que a néboa foi máis densa en torno meu, ata o punto que finalmente vinme obrigado a camiñar a tentas. De repente apoderouse de min un indescritible malestar -unha especie de excitación nerviosa e tremor. Tiven medo de seguir camiñando, por temor a precipitarme nalgún abismo.
Un conto das montañas escarpadas
Edgar Allan Poe
Pinturas de Caspar David Friedrich
Comentarios