Capas


La Rosa, un trío da valdeorresa A Rúa, converteuse no cambio de década 80-90 nunha das propostas máis interesantes do poprock galego cantado en castelán. No ascenso cara ao grao de aceptación por parte da crítica e do público tivo un notable protagonismo o guitarrista e cantante do grupo Magín Blanco, quen sempre demostrou un excelente bo gusto e sensibilidade á  hora de compoñer, o cal demostrou con creces no primeiro disco grande da Rosa (Edigal, 1989), que con anterioridade entregaran catro cancións para dous álbums colectivos de 1987 e1988. 

Claridade e concisión aprécianse nos textos das 10 cancións do elepé que se abre cunha homenaxe ao soul máis combativo e imperecedoieo, “Otis Redding”, peza que na voz de Magín capta o sentimento de melancolía dun clásico dos sesenta. Guitarras eléctricas e acústicas, algo de órgano Hammond, sen estridencias nin virtuosismos, resume instrumentación da estrea no longa duración da Rosa, que entrecruza blues e country, “Tejadito Blues”, pero que tamén deixa elegantes cancións como “Gotas de lluvia” o “Yo estoy aquí”. O mesmo marchamo queda gravado na única canción allea ao  grupo rués, “Mi único amigo”, de The Wayward Souls.  A portada do LP foi deseñada por Dis Berlín.

Cancións: Otis Redding. No es nada. Llévame lejos. Gotas de lluvia. Desátame. Yo estoy aquí. Mi único amigo. Flores. Tejadito blues. Quiero irme.

Músicos: Magín Blanco (guitarras, armónica e voz), J.B. Bellet (baixo e silbidos) y Francisco García (percusión). José Romero (tecrados) e Raúl Ferreras (guitarra).

Máis portadas: Tren de azúcar (1990), El sueño del camaleón (1992). En el arco iris (1994).


Apunte: O guitarrista e cantante Magín Blanco desenvolve dende hai anos a súa carreira en solitario ou colaborando con outras personas do eido musical.

Discos de Magín Blanco: Ella, 2006. Realidad, 2007. Clic, 2008, con Burgas Beat. A nena e o Grilo, 2010. A nena e o grilo nun barquiño, 2013. Gatux@, 2014. Canta o cuco, 2015, con Uxía Senlle e Camiños, 2017.









Comentarios

Publicacións populares