Dende aquelas fiestras

Si aquela muller, naquela fiestra, 
fose unha muller nova e fermosa, 
e tivese unha vista tal que poidese 
contemplar o meu rostro, e decatarse 
de canta fame de amor teño! 
Xúrovos que non poido vivir sin muller! 
O mesmo can meu, que me lambe os pés, o sabe. 
Pro, por que iba a ter ela esa diviña ollada, 
que deixa ver de fiestra a fiestra, 
a traveso da ancha praza, i ela non ten amor, 
i eu, en troques, que teño todo o amor do mundo, 
non poido ver xiquer, sober dos castiñeiros de Indias, 
si ela é nova, si é fermosa? 
E si chora cando eu choro, corazón, corazón valeiro. 
Por que non haberá, ouh Deus!, isas miradas? 


Giorgio Cantalupo

Fotogramas do filme The Woman in the window (1944) dirixida por Fritz Lang

Comentarios

Publicacións populares