Pimentel


Na escalinata acaso
contemplaría as horas que se van 

e todo se entregaba ao centro
coma un salmo

sombra do aire na herba
tan límpido fulgor
nos ombros sensitivos do poeta

unha luz xerminal
que suplica en secreto
nos concilia coa morte...

tornaría ao seu ámbito
nun último poema
na escritura da alma

do drama sideral daquela hora:

cando Xesús sangra descalzo de lúa
no remanso sen fondo dunha vida.



Pazo de Tor 
Luz Pozo Garza


Comentarios

Publicacións populares