VII
Todo canto cobillo nas olladas
é para ti, muller, cando regreso
a quererte en silencio, baixo o peso
de tantas acediumes xa pasadas.
Todo canto che entrego son prosmadas,
vellas lilainas -mouro pan receso-
a cambio da fogueira do teu sexo
sinto trema-los beizos coa amargura
nacida no fondal dos meus contornos.
E cando quero darche mol tenrura
debuxo no teu pubis mil adornos:
Nos eidos da bremanzaFiz Vergara Vilariño
Fotografías: Paula in Brussels, por © Radoslaw Pujan
Comentarios