Capas
The Hissing Of Summer Lawns (Asylum) 1975
Joni Mitchell
Portada: Ilustración de Joni Mitchell

Joni Mitchell deu un salto cualitativo na súa carreira discográfica coa gravación do elepé  The  Hissing  Of  Summer  Lawns, posto á venda en novembro de 1975, ao penetrarse máis seriamente nun son aberto ao vangardismo e a música étnica, coa presenza de instrumentistas novos e algúns personaxes da Costa Oeste habituais no seu círculo de amizades do ámbito da música. 

A cantautora canadense non se esqueceu de xéneros habituais da súa discografía, como indica a primeira peza do disco, a clásica da canadense,  In  France  They Kiss  On  Main  Street, excelente encontro entre pop rock e jazz, pero sorprende o toque multicultural resonancias africanas na  obsesivamente  percusiva  The  Jungle  Line. Mais nas sucesivas composicións  Joni  Mitchel continúa a súa entón procura dunha liña musical,  introspección que serviu á cantautora de  Alberta para profundar aínda máis nun jazz aberto e nada ortodoxo, unha procura que lle deparou a consideración dun público máis amplo do que captara coas cancións da súa primeira etapa na década de 1960. 

Edith  And  The  Kingpin,  The  Hissing  Of  Summer  Lawns,  Sweet  Bird e  Shadows  And Lights representan esa parte do  LP (sétimo de estudo) que transcende máis aló do seu tempo de gravación ao manter as cancións citadas unha frescura  perdurable tan habitual na discografía de Joni Mitchell.

Cancións: In France They Kiss on Main Street Mitchell. The Jungle Line. Edith And The Kingpin. Don’t Interrupt The Sorrow. Shades Of Scarlett Conquering. The Hissing Of Summer Lawns. The Boho Dance. Harry’s House/Centerpiece. Sweet Bird. Shadows And Light.

Músicos: Joni Mitchell (guitarras, piano, teclados e voz), Jeff Baxter (guitarras), Max Bennett (baixo), Larry Carlton (guitarras), Robben Ford (dobro e guitarras), Joe Sample (teclados e piano eléctrico), Victor Feldman (percusión, conga, teclados, piano eléctrico e vibráfono), James Taylor (guitarra e voz), Graham Nash (armónica e voz), David Crosby (voz), Wilton Felder (baixo), Chuck Findley (trompeta e flugelhorn), John Guerin (batería, moog sintetizador e arranxos), Bud Shank (frauta, frauta baixa, saxofón e vento), Dale Oehler (cordas e arranxos de corda) e Warriors Drums Of Burundi (percusión).

Máis portadas: Hejira (1976)Don Juan's Reckless Daughter (1977), Mingus (1979) y Shadows And Light (1980).










© Norman Seef



© Norman Seeff

Copyright: Pictorial Press Ltd / Alamy Stock Photo


Comentarios

Publicacións populares