Horizonte
Eu estou aquí. Pero existe tamén
un aire paralelo á miña figura,
un horizonte igual á miña volta,
que me agranda nos ámbitos.
Orgullosa miña fronte garda entón
o altivo silencio das nubes.
Gárdache a ti tamén, anxo visible
que atravesa o meu soño.
Estás dentro de min aínda que te vexan
os anhelantes ollos da miña alma.
Dentro estás da miña vida estando fóra
porque cobre teu corpo un horizonte
de amor, igual a miña volta,
un aire paralelo a miña figura.
Eu estou aquí. Pero existe tamén
un aire paralelo á miña figura,
un horizonte igual á miña volta,
que me agranda nos ámbitos.
Orgullosa miña fronte garda entón
o altivo silencio das nubes.
Gárdache a ti tamén, anxo visible
que atravesa o meu soño.
Estás dentro de min aínda que te vexan
os anhelantes ollos da miña alma.
Dentro estás da miña vida estando fóra
porque cobre teu corpo un horizonte
de amor, igual a miña volta,
un aire paralelo a miña figura.
De Amor
Manuel Altolaguirre
Fotografía: Imaginary day, Pat Metheny, de © Emilio Blanco, en Cerler
Comentarios