Rosa

É o tango dos paseos
Os dous sós baixo as arcadas
Rodeados de corvos e de moralistas
Que nos protexían dos por que
É o tango da chuvia sobre o patio
O espello dunha charca sen amor
Que un bo día me fixo comprender
Que eu non sería Vasco de Gama
Pero é o tango do tempo bendito
En que por un bico demasiado pequeno
No claro dun xoves
Ruborizouse miña prima Rosa


É o tango do tempo dos ceros
Tiña tantos insuficientes e gordos
Que con eles facía túneles para Charlot
Auréolas para san Francisco
É o tango das recompensas
Que van aos que teñen a sorte
De aprender dende a súa infancia
Todo o que non os  favorecerá
Pero é o tango que botamos de menos
Unha vez que o tempo se compra
E que nos decatamos apampados
Que as rosas teñen espiñas


Rosa rosa rosam
Rosae rosae rosa
Rosae rosae rosas
Rosarum rosis rosis

Jacques Brel

Fotografías de ® Roque Soto Soto


Comentarios

Publicacións populares