I-eu agora, Señor...
Eu tiña aquí a tardiña.
Viñera, non sei cómo, ó longo e cen ríos.
Na ponte das oito e media,
xunta os muiós da noite,
atopeina aínda viva.
Nas miñas maus tremaban os seus seos
húmedos i-estremecidos.
Louriña loura a súa cabeleira
enguetábase en tódal-as bufardas.
(Ai, vírades entón, vidreiras coma erosas!)
Debruzada en doce pontes
esperóu aquel intre todo o día.
E cando nos demos conta
o seu corpo desaperecéu do mundo.
As álbores agora:
-Era mais doce, era, que o pumar de Pumariño,
cheo de repinaldos e de niños de rula.
Os cómaros agora:
-Foi él, foi o terra.
En Montes Outos desgrudellóuna toda.
As pedras agora:
-En todas nós, pedriñas de todo o mundo,
deixóu un chucho de saudade.
I-eu agora, Señor!
Cómaros verdes
Aquilino Iglesia Alvariño
Fotografías de © Roque Soto Soto
Comentarios