Malenconía
A tarde ven toda melanconía,
a luz esvaise por ár diáfano,
olro divino as ponlas tecen
do piñeiral lonxano.
Miña alma, ou como ela é triste,
sintindo a vida latexar en sí,
querendo ser con plenitú de esencia
nun eterno vivir!
E vagamente espertan os desexos
de loitar cal os héroes que foron.
Emerxen do meu peito apaixonado
os enxamios dos soños.
Vaise xa pór o sol, silencio mudo.
Noite benta. sí sexas pra vencer!
O vento canta o trunfo perdurante,
Ou trunfo, tamén te eu cantaréi!
Xoán Vicente Viqueira
Comentarios