Never More

Sentado á beira da desesperanza,
mirando como o tempo babexa no meu patio,
invento estas palabras
que non son, nin siquera, o mellor de min mesmo.
Aquí dentro está escuro
e hai ventos e laídos;
por onde queira que camiñe pingan
como pequenas mortes,
como cantos.

Sentado á beira de calquera estrago,
esfollandounhas flores engurrosas e murchas,
a soidade contémplase na miña sombra ausente.
Se alguén abrira, agora, a miña moradía
para amosarme o mundo tal como eu o soñei,
diríalle, tan só, que é tarde, que é moi tarde.

porque custa traballo descose-la tristura.
Limpar tódalas furias rebordadas.
Luír ese sorriso que xa teño en desuso
e amar a labaradas como noutrora amei.

Porque custa traballo ser de novo aquel home
que aquecía paxaros baixo o sol da súa casa.


Roberto Díaz
Voces do alén-mar


Fotografías de ® Vincent Bourilhon


Comentarios

Publicacións populares