NON BUSCARÁS A MIÑA MAN

Non buscarás a miña man 

Non buscarás a miña man 
na noite branca das sabas 
cando é o único que quixera hoxe: 
a cega, segura amizade da túa pel contra a miña pel. 

Ou talvez si, 
talvez estea tendida coma sempre, 
para sempre buscando a miña, 
levándoa de novo á tibieza invasora do 
sono 
que anega 
a inútil ansiedade do día. 





Aurora Bernárdez, 12 de marzo de 2002 
(El libro de Aurora. Alfaguara 2017) 

Trad: X. Pérez Mondelo


Pintura de © Serguei Marxennikov

Comentarios

Publicacións populares