O neno
Primeiro ti, neno. E cando luz non teñas,
a luz -tan fría- nos fríos ollos meus.
Primeiro ti, neno. E cando xa non señas,
nin amor nin terra nin fogar nin Deus.
Anque morra o ar.
Coanto o mundo abrangue.
Anque estiñe o sangue.
Anque murche a cor.
Unha arela infinda de cantar cantar
pra que ti non chores. Neno, meu Señor.
Manuel Luis Acuña
Fotografías © Uniceff /Al Adimi
Comentarios