Tempo de encontros

O momento preferido do día, en París e no inverno, era para min entre as seis e as oito e media da mañá cando aínda era de noite. Unha tregua antes de que amencese. O tempo que quedaba detido e estabas máis lixeiro que de costume.

Frecuentei varios cafés de París á hora en que abrían as portas aos primeiros fregueses. No inverno de 1964, nun deses cafés do alba -como os chamaba eu-, onde estaban permitidas todas as esperanzas mentres fóra aínda de noite, miraba a unha tal Geneviève Dalame.

O café estaba e a planta baixa dunha desas casas de pouca altura, máis ou menos ao final do  bulevard da Gare, no distrito trece. Hoxe en día o bulevar cambiou de nome e derrubaron as casas e os edificios pequenos da beirarrúa dos pares, antes de chegar á praza de  Italie. A intres paréceme que o café se chamaba Le Bar vert, e noutras ocasións ese recordo bórrase, como esas palabras que acabamos de escoitar nun soño e escápansenos tras espertar.

Souvenirs dormants
Patrick Modiano

Fotografías ® yalebooks e ® Sophie Bassouls




Comentarios

Publicacións populares