Non te lembro,
Compréndeme.
Medrou o río.
Estou sen pechos de recordos.
Noite asexando labres, noite
coa seudoluz dos bébedos.
E sempre matadoiros
e un picoar no celme,
e sempre sen o lévedo dos cómaros!
Desmémbranos o temor dos adros
sen chegar a pan ourilocente.
Esta é a Compostela antiga
sen alicerces de canto,
onde se perdeu Ulises
na arañeira
feita tabernáculo de Polifemo.
Iste é o noso intre adoquinado
pra millor non achar
nas metamorfoses dos sen dúbidas.
É noite, irmán das bágoas,
dos laios conscientes,
das tristuras
que nos fan decatar balados.
Unha longa dor é o noso ir e vir
onde nin agoiran as pombas ós miñatos.
Perdémonos en lucicús de gaiola
sen abrentes de águia,
sen pulos pra decir:
Os penedos xunguidosXosé Conde
Fotografías de ® Brassaï
Comentarios