Canción de despedida
A última entrega discográfica de Jacques Brel (1929-1978) producíase en novembro de 1977, un disco de longa duración no que se incluía a canción Les Marquises, peza que leva o nome do lugar de retiro que o cantante e compositor belga francófono elixiu para vivir durante os seus derradeiros anos, e onde se atopan enterrados seus restos. Peza titulada polo nome do paradisíaco lugar, que se gravou unha soa vez, pois Brel xa estaba tocado pola enfermidade que o levaría á tumba.
En Les Marquises prodúcese un contraste brillantemente descrito polo artista, é dicir a relación entre o agradable discorrer nun lugar apartado da présa e o ruído coa decadencia física que impón a vellez.

As Marquesas
Falan da morte
como ti falas dun froito
Miran o
mar como ti miras un pozo
As mulleres son lascivas
no temido sol
E se non hai inverno
tampouco isto é o verán
A choiva é traverseira
golpea de gran en gran
Algúns vellos cabalos brancos
que tararean Gauguin
E por falta de brisa
o tempo inmobilízase
nas Marquesas
Desde a noite soben luces
e puntos de silencio
que van esfarrapándose
e a lúa adiántase
E o mar esgázase
infinitamente vermello
por rocas que tomaron
nomes aloucados
E logo máis lonxe cans
cantos de arrepentimento
e algúns pasos de ballet
e algúns pasos de danza
E a noite é sumisa
e os alisios rachan
nas Marquesas
A risa está no corazón
a palabra na mirada
o corazón é viaxeiro
o porvir pertence ao azar
E pasan cocoteiros
que escriben cantos de amor
que as Irmás dos arredores
ignoran de ignorar
As piraguas vanse
as piraguas volven
e os meus recordos convértense
no que os vellos fan deles
Queres que che diga unha cousa
laiarse non está de uso
nas Marquesas.
Comentarios