Imbéciles de beirarrúa
As beirarrúas da cidades soportan a maior concentración de imbécil por metro cadrado. É dicir, os moteiros que as percorren coma se estivesen na Moto GP e adoptan a conduta dos delincuentes Hells Angels cando ven que ocupas o teu espazo, pois eles teñen que amosar o porque montan o seu rechamante ou merdento cabalo de ferro. E neste grupo entran os falsos autónomos coas aceleradas movidas sobre peideiras bicicletas con motor para levar rápido o material polo que moven o cu co obxectivo de converterse en escravose dalgunhas malchamadas empresas.
Logo están os émulos de Merck e outros ases do ciclismo que tal como van vestidos mellor sería que marcharan a una carreteira como fan os que participan de verdade no Tour, o Giro ou A Volta. Mais non é posible, pois a estradas son moitísimo máis perigosas que as beirarrúas ata o punto se converterse nunha auténtica xungla na que o forte chapa ao débil.
E os maratonianos? que, como aqueles personaxes de Moliére e Arniches, non se gastan un puto euro en ir a un circuíto ou ao campo para correr sen foder as mulleres que van coa cesta da compra ou os vellos que malandan as veces por estreitas rúas.
Os montados sobre catro rodas tamén teñen protagonismo nesta película. Así os das furgonetas, cando non camións, ou horteras de rechamantes haigas, tamén andan -corren-, desandan e aparcan donde non deben. De boa gana lle enviaba para alixeirar o espazo a granada máis esmagadora desde un panzerfaust.
A lista segue cos manteiros, esmoleiros con ou sen can, e, para colmo o recentemente chegados, os modernos do patinete eléctrico que reclaman a súa parte alícuota de beirarrúa que pensan lles pertence.
© gacetaslocales
E os maratonianos? que, como aqueles personaxes de Moliére e Arniches, non se gastan un puto euro en ir a un circuíto ou ao campo para correr sen foder as mulleres que van coa cesta da compra ou os vellos que malandan as veces por estreitas rúas.
© C7

Comentarios