Outros enfoques
Desde a súa aparición no século XIX, o ferrocarril foi motivo de atención e inspiración de todas as artes. A fotografía está unida ao citado medio desde os primeiros daguerrotipos ata os máis recentes adiantos dixitais relacionados coa imaxe. Xa que logo, non é estrano que existan concursos destinados ao fomento da creatividade plástica no terreo do ferrocarril en todas as súas variantes: trens, estacións, vías, pontes, túneles, viaxeiros, transporte urban, metropolitano... Nesa direción inscríbese o Concurso Fotográfico Camiños de Ferro, organizado pola Fundación de los Ferrocarríles Españoles, cuxa andaina deu comezo en 1987 e continúa vixente como unha das convocatorias máis reputadas do seu ámbito.
Do amplo catálogo de obras que concorreron ao citado concurso e saíron premiadas, inclúese ao cuarto certame e correspondente ao ano 1990, do cal aparecen os tres primeiros premios e tres accésits. As obras son, as de enriba, do primeiro premio, Miguel Palacios, de Madrid; segundo, Manuel Barranco Martos, del Ejido (Almería); e terceiro, Vicente González Jarandilla, de Madrid.
Os accésits aquí recollidos pertencen a Óscar M. Alajarín Ferrández (Madrid), José Carlos González Seoane (A Coruña) e Francisco Martínez Catalán (Villena-Alicante). A cales seguen despois deste texto.
Comentarios