Postais galegas

As postais que se utilizaban como recordo turístico para enviar á familia, ou ás amizades, aparecen ás veces de súpeto nun vello caderno escolar, nun libro nunca relido ou nese caixón longamente non aberto.

No meu caso unha caixa metálica, chea de fotografías, serviume para seleccionar dúas desas entrañables postais en branco e negro. 


A primeira foi feita desde Torrenovaes, nome da fortaleza que domina unha vista na que aparecen en primeiro plano o Sil, logo o poboado da central hidroeléctrica e ao fondo a presa do encoro de Sequeiros.

A segunda imaxe recolle unha vista do val de Lemos feita tamén desde un espazo fortificado: a torre de San Vicente en Monforte.



Comentarios

Publicacións populares