CIPRESES

Vilas literarias: Quiroga


Cipreses

“Casa con ciprés pazo es” reza o dito castelán. Estes cipreses, á entrada da vila de Quiroga, pertencían ó desaparecido pazo dos Carujos. Hoxe só se conseva o da esquerda.  Ó pé  dos cipreses, o primeiro xardín público, construído a principios dos anos 70 do século pasado. Durante anos esta parte foi a máis representativa da vila. Lembro como polo interior do da dereita, os mozos máis atrevidos da miña xeración subían ata alcanzar a cima, mentres nós observabamos e aplaudiamos tan arriscada fazaña. 


Debuxo a lapis a partir dunha fotografía en branco e negro. 
Manuel R. Crespo

Comentarios

Publicacións populares