VALORES DA POESÍA

Vilas literarias: Quiroga


Valores da poesía


Facía eu, entón unhos cuaderniños de poesía en edicións numeradas, pra bibliófilos. O ouxeto era dar a coñecer novos valores da poesía galega i engadín, en troques, os poetas casteláns que xurdían no ceo da poesía española da post-guerra.




Niste xeito, colaboraban na revistiña, xunto a Pimentel, Cunqueiro, Pura Vázquez, Iglesia Alvariño, Fole que terían despois, meirande nombradía nas nosas letras —  poetas casteláns ainda pouco coñecidos, que eu ben cataba como valores incontestábeles da nova poesía hespañola: Rafael Morales, Blas de Otero, Gabriel Celaya, Ricardo Molina Carmen Conde.


Vicente Aleixandre

Non podo esquecer a viva simpatía con que Vicente Aleixandre —cuia colaboración nos meus cuadernos foi decisivae Luis Cernuda, no esilio, acolleron e alentaron o proseguimento da aventura. Tamén homes xa feitos no oficio, coma Enrique Azcoaga, foron xentís con ista pequena pubricación que, por certo, tiña os suscriptores máis variados, dende Pepe, o carpinteiro veciño, deica Conchita Montes.


Blas de Otero, retrato feito por Párraga, no Arquivo de Mensajes de Poesía

¿Cóma morreron istes cuadernos? Dende logo non por causa matural, quero decir, económica, sinon por iñorancia. Certos poemas de Blas de Otero, recollidos por min na súa antoloxía, molestaron a "algúns", e a revista foi sancionada ca suspensión. I é curioso: Istes mesmos poemas, incluidos un ano despois no libro "Redoble de Conciencia", levaron o premio "Boscán" do Instituto de Estudios Hispánicos" (1951).


Páxina do caderno 11 de 1952

Conto istas cousas por curiosidade, pois ben sei que non teñen intrés máis que pra os bibliófilos. 

Logo de Mensajes de Poesía



Follas de Vagar
Xornal (1969.1970)
Eduardo Moreiras
Galaxia
Vigo
1972

Comentarios

Publicacións populares