Volver a Lugo cando sosega o tempo

Volver a aquela primavera que fuxía das mans
algunha verba en soedade
algunha noite aberta coma un sopro
sobre das almofadas húmedas de silencio.

Volver a ollada lonxe en vidas sucesivas
nomear ese río que chamamos pasado
a palabra inmediata que ven dunha certeza de muralla
non poder esquencer pórticos descubertos ou azuis
ignorados
que foran presentidos nun poema de Luis Pimentel
na forma de recordo que precede á existencia.

Na excesiva demora
alguén pechou os ollos a falta dunha imaxe clemente.
Na memoria do tempo pasan brisas mutables.
O que existiu ben puido ser soñado ou talvez predecido
acaso precisado nesa reminiscencia
que permite asumir escuras profecías.

Volver á primavera que fuxía
nun xeito de mudanza repentina
conciliar os espacios os lamentos
as últimas palabras dun recinto secreto
pode ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bach
nun violín invulnerable e mudo.



Códice Calixtino
Luz Pozo Garza

Fotografías de Roque Soto

私のブロンドの女の子のため
Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares