Aplauden

Síntense perseguidos ó non poder matar.
Hai tantos avesíos no silencio!
Tanta sede no río,
tanto orballo nas almas,
tanto amor polo mar!


Que valor ten un neno?
Unha bala, un fusil, unhas migallas.


E un vello, unha nai, un home,
asasinados na flor da mocidade?
Un tanque é valedío
Hai milleiros de seres que mansamente morren.


Cantas bombas?
Encadean andoriñas.

O butre voa entre parabéns,
cerchado de gorilas falaralles de paz.

Bicará o pé máis noxento.
Hai gadoupas que se erguen ó ceo
e delirantes mans que aplauden o rebaño.


Rol de cantárida
Eduardo González Ananín

Fotografías: Jon Chol Jim, Europa Press, Al Jazzera, EFE, elsalvador.com, Reuters e AFP.

Comentarios

Publicacións populares