En recordo de Robert Hunter
(1941- 2019)

Lobo arrepiante

Nos bosques do Courel osmaban os lobos. O inverno era tan cru e frío que xeou ata medio metro por enriba do chan.

Non me mates, cho suplico, non me mates. Por favor, non me mates.

Senteime a cear: tiña unha botella de augardente roxa. Recei e deiteime; foi a ultima vez que me viron.

Cando despertei, o lobo arrepiante, sesenta quilos de pecado, estaba sorrindo na miña xanela.

Lle dixen: Entra.

O lobo entrou. Trouxen miñas cartas e botamos unha partida. Cortei e saíume a raiña de corazóns, pero todalas cartas eran a mesma.

No camiño que baixa cara ó val, o barro era negro e sanguento. O lobo arrepiante cobraba o seu premio, mentras os mozos cantaban ao redor do lume:

Non me mates, cho suplico, non me mates. Por favor, non me mates.



Dire wolf (Jerry García y Robert Hunter), versión galega, do disco Workingman's Dead, Grateful Dead.


 Fotografías de  ®Joel Sartore (National Geographic)


Debuxo incluido en ® Rock Comix


Comentarios

Publicacións populares