Violación
Inez García, Joanne Litte (dúas vítimas na década dos setenta)
ao home que lle declarou a guerra ao seu corpo,
ao home que cavou unha zona de combate entre os seus peitos.
Suponse que debía lamber as ladillas do seu cu peludo,
bicar cada gran do seu traseiro,
soprar un quente alento na súa deda gorda,
debuxar novamente as esquinas da súa vaxina e
ornear como un burro de California “ Yi- Jau”?
Durante o tempo de guerra para Inez
permaneceron fronte ao coitelo
os insultos e
o seu propio cheiro secándose no pene do
home que a violou.
Permaneceu cun rifle na súa man
facendo o que un departamento de defensa faría en tempos de guerra
e cando o home empezou a rosmar e a bufar e a torcerse
como un porco xigante
ela disparoulle directamente ás súas trescentas libras de carne
sacudíndose mandándoas voando directo cara á Virxe de Guadalupe,
entón celebraron o día da morte do maldito violador
E que carallo máis se supón que debería facer?
E que se supoñía que Joanne debía facer ao
home que declarou a guerra á súa vida,
Suponse que debía sacarlle a lingua aos seus beizos
incrustados de feces, succionar os números da súa insignia de folladelata,
afogarse coas súas ridículas bólas
espremer o seu nó de vermes podrecidos e
cantar: Deus bendiga a América grazas por foderme a vida?
Neste tempo de guerra para Joanne
fixo o que un departamento de defensa faría en tempos de guerra
e cando o bebedor de mexos, cheirador de merda dixo:
Fareiche desexar estar morta, cadela negra ven aquí
Joanne cravou un picaxeos
no peito do puto membro do equipo swat
si, no obeso pescozo dese policía racista
Joanne fixo a danza dos picaxeos e unha vez máis de costa a costa
de casa en casa
nós celebramos o día da morte do maldito violador
E que carallo máis se supoñía que fixésemos?
Jayne Cortez (1936-2012)
Comentarios