Álvaro Cunqueiro escribe igoal que cantan os grilos. Óiese de lonxe o esfregar dos élitros que enchen de música a mañán. Acheguémonos a modiño, descalzos pola erba.
Eu entrei unha tarde na redacción do "Faro" e ouvín dende a porta o chirrar enardecido dun grilo. Alí fiquéi inmóvil, de papón, non sabendo de onde viña aquela súpeta primaveira. Cando cheguei ao despacho de Álvaro, o "grilo" decatóuse da miña presencia e amudecéu. Foi como se morrese a luz. Álvaro escribía en papeles pequeniños, cheos de dibuxos e signos, que fixo axiña desaparescer. Unha grafía de longas consonantes finas -como notas de música- agachaba o buraco da grileira.
Follas de vagar
Eduardo Moreiras
Comentarios