Capas

Saudade. Cores do Brasil 0.05 (Nascente) 1991
Varios
Portada: fotografía de Peter Moss


Saudade, como ben dicía Ramón Piñeiro: "A palabra saudade ten unha riqueza de connotacións semánticas que lle impoñen unha función máis suxeridora que definidora, o que explica esa aureola de misterio que a envolve". A saudade, como o blues, o soul, o fado, o flamenco ou outros sentimentos personalizados na canción e a música por diferentes pobos, é difícil de describir, mesmo para os filósofos tan afeitos a percorrer labirintos metafísicos. 

Ao que ía, saudade é o repertorio de 21 pezas cantadas polas mellores voces e compositores da música popular brasileira que tivo a partir da década dos sesenta do século pasado o seu máximo esplendor en canto a difusión e coñecemento fóra das fronteiras do gran país suramericano, mediante a proxección cara ao exterior de estilos como samba e bossa nova, entre outros, que enchíanse das bravas augas das músicas do Vello Continente, de África e tamén da selva amazónica ou das rúas en tempos de entroido. Así queda demostrado neste recompilatorio da imprescindible colección Cores do Brasil.

A lista comeza neste quinto cedé coa inesquecible Elis Regina, segue con Toquinho e continúa ata o final con homes e mulleres que souberon transmitir a saudade en cancións como No dia em que eu vin embora, Boca da noite, Cavaleiro, Primavera, Vivo sonhando, Ultimo desejo, Umas e outras, Eu sei que te vou te amar, Irmado de fe o Da cor do pecado, pezas algunhas na memoria de moitas persoas como a alma dunha boa parte das melodías brasileiras con vocación universal.

Cancións: No dia em que eu vin embora. Boca da noite. Cavaleiro. Primavera. Uma vez um caso. Corsario. Dindi. Vivo sonhando. Sem fantasia. Ultimo desejo. Umas e outras. Eu sei que vou te amar. Irmao de fe. Insensatez. Sabia. Da cor do pecado. Acabou chorare. Rosa flor.

Cantantes: Elis Regina. Toquinho. Caetano Veloso. Joyce. Edu Lobo & Joyce. Oliva Hime & Edu Lobo. Maria Creuza. Wanda. Chico Buarque. Maria Bethania. Maria Creuza & Vinicius. Fafa De Belem. Milton Nascimento. Novos Baianos. Geraldo Vandre. Toquinho, Vinicius de Moraes & Maria Bethania.


Máis capas: De Cores do Brasil, Vozes 0.01, Samba 0.02, Bossa nova 0.03, Samba con jazz 0.04 e Dança 0.06.





Comentarios

Publicacións populares