Dos cantares do sempre
Camiñamos co tempo medido que nos leva...
e quedará de nós sempre aquela rosa e amapola
co seu roxo de amor, de paz e libertade
no Quiroga que vén detrás con xuventude e forza..

e terán unha nova primavera a cepa e a oliveira...
...e xa no vento libre das serras abertas
levantaremos por encima do azul infinito do ceo
nosas copas cos bos viños da nosa querida terra...
e brindaremos  polo que sempre un foi...,
pola a xustiza, a verdade e a libertade.




Hilario González Fernández


(Dos cantares libres, que chegan no silencio acompañado dun tempo hoxe incerto.
QUIROGA, 12/O3/2012)

Imaxes de Roque Soto Soto


Comentarios

Publicacións populares