17 de xaneiro (pola mañán) -Hai días tan cativos que un quixera botarlle a dinidade aos cás.


         ..      ..      ..

Coto do Castro. - A mar de aceiro espellando os fachos de Domaio. Acéndese o longo estremecer das perlas da ribeira. Lonxe, no poente, unha frecha de luz cravada no corazón das Cíes.
                                                       ..       ..       ..


O problema é resistir. Resistir e non recuar. Ter a forza de refusar baldrocadas ca inxusticia. Erguerse e resistir e decir "non". Voltarlle as costas aos moinas-donos-do-poder-económico. Zurrichar merda aos enanos fureiros, que fan tobeiras pra agacharse e sentir de lonxe, estregando as maus, o verme da maldade.

Tremecer de cólera cando os míseres non teñen ni tan siquera unha fogueira de uces onde quentar.

Confiar no novo día. Agardar.


Follas de vagar
Eduardo Moreiras


Imaxe AFP



Comentarios

Publicacións populares