Pois el sabía que este xentío ditoso ignoraba o que se pode ler nos libros, que o  bacilo da peste non morre nin desaparece xamais, que pode permanecer durante decenios durmido nos mobles, na roupa, que espera pacientemente nas alcobas, nas adegas, nas maletas, os panos e os papeis, e que pode chegar un día en que a peste, para desgraza e ensino dos homes, esperte ás súas ratas e mándeas a morrer nunha cidade ditosa. 



A peste
Albert Camus

Fotografía de Candela Pérez Tejelo

Comentarios

Publicacións populares