Bela
Cando a rapaza se arredou de nós, falei baixiño con Grigori Alexándrovich:
—Eh, que lle parece?
—Un encanto —respondeu—. E como se chama?
—O seu nome é Bela —díxenlle.
Certamente que era una preciosidade: alta, esguía; os seus ollos negros, semellantes ós das gamuzas montesas, mesmo chegaban á alma cando miraba para un. Pechorin, como enmeigado, non arredaba dela os ollos e ela, asemade, non deixaba de lle botar olladas de esguello. Mais non era Pechorin o único que admiraba á xove princesiña: desde un curro da estancia estábana a mirar tamén outro par de ollos, que se cravaban nela ardentemente. Fixeime en quen era, e logo vin ó meu vello coñecido Cásbich. Un home do que no podería dicirse que fose amigo, nin tampouco inimigo. Sobre a súa persoa abundaban as sospeitas, anque de certo nunca fora pillado en falta. Adoitaba vir onda nós á fortaleza traendo carneiros que nos vendía baratos, anque nunca consentía releo ningún no precio: do que el pedía nunca rebaixaba, era escusado de lle relear.
Un heroe do noso tempo
M.I. Liérmontof

Comentarios