que teñen para dicir
deses fanáticos que aparecen
como sombras
detrás dos vosos pasos,
que teñen que dicir
das súas mans de voitre
que atrapan sen descanso
do voso alento apenas exaltado
cando mesmo a oración ten piedade
da sabedoría reinventada?,
teñen seica unha resposta?
Creo que ningunha palabra
ningún xesto volve posible
a historia da vosa terra
que os séculos arroxaron
na porta da dúbida,
o zócalo xa non serve máis
para soster o peso
En nome da miña palabra
Anissa Mohammedi
Comentarios