We' re Only In It For The Money (Verve) 1968
The Mothers Of Invention
Portada: Cal Schenkel

Frank  Zappa (1940-1993) era líder de  The  Mothers  Of  Invention, unha das bandas máis excéntrica da escena californiana, cando se propuxo  parodiar o disco por excelencia da música pop de entón, nin máis nin menos que o  Sgt.  Peeper’ s Hearts Club Band, de The  Beatles. O guitarrista e compositor non dubidou en utilizar todos os elementos representativos do citado vinilo gravado no Reino Unido, pero pasados da raia, desde o título á última composición de  We’ re Only In For The Money. 

Na portada, obra de Cal  Schenkel, pódese comprobar a  irreverencia dos membros da banda californiana vestidos de mulleres con roupas de anciño, mentres que as fotografías dos personaxes acompañantes inclúen a Jimi Hendrix, Le Oswald, o presidente  Lyndon B, Jonhson, Galileo, Nosferatu, a estatua da liberdade, entre outros, que se colocan detrás dos vexetais e as froitas que debuxan o nome do grupo. 

En canto ao musical, Frank Zappa penétrase nun son non moi diferente á do mencionado longa duración dos de Liverpool, aínda que os textos van máis aló da presunta inocencia do xipismo dos sesenta. Zappa arremete contra a familia, a política, os lemas conxunturais, as modas e a mocidade pasiva, mediante letras a miúdo de contido social envoltas en fondos sonoros en ocasións  inclasificables, con resonancias de jazz free, vangarda e rock psicodélico, que contribuíron a que o disco non pasase desapercibido para a crítica.

Algunhas pezas, Who Needs The Peace Coorps?, Concentration  Moon, Mom & Dade, Absolutely Free, Flower Punk ou Mother  People, xusto as máis alcanzables ao oído, son as que mellor aguantan o inexorable paso do tempo, ademais de gustar mesmo, parodias incluídas, aos que gozaban dos restos do  summer of love, quen acollía con de bo grado a carga social e a crítica ao sistema lanzadas e cantadas por Frank  Zappa e as súas nais do invento.

Músicos: Frank Zappa (guitarra, piano e voz), Ian Underwood (piano, teclados e  woodwind), Roy Estrada (baixo e voz), Euclid James “ Motorhead” Sherwood (saxos barítono, soprano e voz), Billy Mundi (batería e voz), Don Preston (teclados), Jimmy Carl Black (trompeta, batería e voz), Dick Barber (voz), Bunk Gardner (woodwind), Suzy Creamcheese (voz por teléfono) e Pamela Zarubica (voz). Outros protagonistas e colaboradores, Gary Kellgren, Dick Kunc, Eric Clapton, Sid Sharpe e Spider.

Pezas: Are You Hung Up?. Who Needs the Peace Corps?. Concentration Moon. Mom and Dad. Telephone Conversation. Bow Tie Daddy. Harry, You’re a Beast. What’s the Ugliest Part of Your Body?. Absolutely Free. Flower Punk. Hot Poop. Nasal Retentive Calliope Music. Let’s Make the Water Turn Black. The Idiot Bastard Son. Lonely Little Girl. Take Your Clothes Off When You Dance. What’s The Ugliest Part Of Your Body?. Mother People. The Chrome Plated Megaphone of Destiny.

Máis portadas: Freak Out (1966), Lumpy Gravy (1967), Cruisin’ With The Ruben & The Jets (1968), Hot Rats (1969), Chunga’s Revenge (1970), 200 Motels (1971), The Grand Wazoo (1972), Overnite Sensation (1973), Apostrophe (1974), Roxy & Elsewhere (1974), One Site Fits All (1975), Bongo Fury (1975), Zappa In New York (1978), Sheik Yerboute (1979), Joe’s Garage (1979), Shut’ Up & Play Yer Guitar (1981), Francesco Zappa (1984), Jazz From Hell (1986) e The Yellow Shark (1993).








Comentarios

Publicacións populares