Balseira

Desde os cristais rachados
da miña fiestra cada mañá
busco o lugar exacto polo espigón
onde perdín o corazón
unha estraña madrugada,
perdín meu corazón
tamén miña alma.
E a lombos dun vello verso
eu quixese estar contigo
sen máis testemuñas
que un acio de bicos mollados en ron
e un bolero para dous
pero xuntos e na Habana,
un bolero para dous
e o mar por almofada.
Balseira do meu amor,
marchouse buscando o sol
e atopou unha apagada
sen lúa en Nova Iorque.
Entre as paredes verdes
da miña esperanza
sempre me acada
un breve sentimento por toda a miña pel
e imaxínote volver
como unha lembranza que pasa,
imaxínote volver
e que me abrazas.
Por tí falo co vento
das miñas penas e teu esquecemento,
do perdido.
Desde entón dóeme
cada espertar
coa fría soidade
dando voltas pola miña casa,
coa fría soidade
e a luz tan escasa.
Balseira do meu amor,
marchouse buscando o sol
e atopou unha apagada
sen lúa en Nova Iorque.
Balseira do meu amor,
marchouse buscando o sol
e atopou unha apagada
sen lúa en Nova Iorque.



Yamil Zeghovane/Álvaro Urquijo

Dos caras distintas (1995)
Los Secretos







Comentarios

Publicacións populares