Os  revolucionarios


Temos vinte anos e queremos
cambiar o mundo desde abaixo: así
é como todo avanza —dicímonos—
Non temos certezas
pero tampouco dúbidas: a verdade
está da nosa parte e sabémolo.
Non todos nos entenden: os nosos pais
seguen tan reaccionarios como sempre
e os avós din
burradas nas ceas familiares.
Non poden entender os sacrificios
que esixe de nós o futuro:
a heroicidade é patria dos mozos.

A estupidez tamén. A nosa revolución:
estupidez con boas intencións. 



Rocío Acebal
Gañadora do XXIV Premio de Poesía Hiperión

Comentarios

Publicacións populares