A HORA DA CHUVIA NA NOITE

Quizás mañá

Quizás mañá
chore un fagot a miña morte
Quizás sexa
o salaio dun río interminable

Hai violíns chuviñentos
na banda do misterio
un harpa fuxidía
que traspasou a alma


Polo camiño vello
deixo un rastro de néboa
unha voce no tempo
unha ferida vea que se chama amor

Ningunha hora para me despedir
mellor ca hora da chuvia na noite
a hora dos negros navíos
das portas enloitadas

Conocerei o intre
nas rúas tebregosas
nos muros xordos onde alguén
escribiu un nome


Verbas derradeiras (1976)
Luz Pozo Garza

Fotografías: Fonte ® Unión Libre

Comentarios

Publicacións populares