Primavera

Hai un país de sangue verde que corre imesamente
polos campos e eleva brillos altos nas árvores deslizadas ao céu.

É un reino de mil terras ao sol. Un fogo mineral e azul.

Estalan sob o ar os nós do tempo e un oco de fervor
anúncia a música da luz, as asas puras que desprega a
transparencia no corazón do espazo.

Grave e fonda saúde que respiran agora os meses
neste aroma incendiado de vento novo, nesta espiral
celeste que ensancha o sentido de todos os desexos.
Ah leve dor das alvas, labaredas delgadas que soben
invisíveis à fronte desmaiada do fugaz meio-dia.

As palavras son notas dunha música grande, unha
alegria nídia que soa para o tempo, unha sede que
prende unha canción de água.

Cómo crescen as cores, telas vivas ao vento, un
verniz flamexante sobre o eco das cousas.

Hai un país de sangue que modula nos corpos a
solar fermosura fervente dos menceres.
Un perfume que invade de fina flor tan nova o corazón.


Entre água e fogo
M.A. Fernán-Vello


Fotografías de ® Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares