RÍO QUIROGA BAIXO CRUZ DE OUTEIRO
Vilas literarias: Quiroga
Río Quiroga baixo Cruz de Outeiro
Cruz de Outeiro pode aludir a un límite ou a un cruzamento de vías. Outeiro, nome dunha aldea e da parroquia, no baixo latín altarium 'sitio alto', que se formou sobre altaria, plural de altare.
Pola súa parte, Corominas escribe que o galego queiroa (queirúa, queiruga) é o nome da planta 'halimium occidentale', con base en *cariola, de orixe descoñecida, da que procederían os apelidos Quiroga, Quirós, Queiroz. Mais citas antigas de Queiroga/Quiroga, de A. Veiga, indican que queiroga na chaira galega é sinónimo de carpaza.
Debuxo de Manuel R. Crespo
Texto: Nicandro Ares Vázquez
Comentarios