A aldea esquecida
Camiño esquecido que xa non va¡ a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.
Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde va¡ da-la "verea vella"?
E miña avoa respondíame con certo mistéreo: "Non vai a ningures, meu meniño".
Aquela "verea vella" turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.
Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo va¡ amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.
Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera...
Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida.
-Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.-
Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.
Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito.
De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben.
Cousas
Alfonso Rodríguez Castelao
Debuxos Castelao e Sam Rock

Comentarios