Había que chegar, había que chegar pra ser.
Había que deixar o que nacera, 
o que iba medrando.
Había que deixalo.
Había que chegar.
Había que deixar a cume,
cume de quenturas,
cume que vive baixo a ponte das loitas,
baixo remos que viven no olvido do ben,
baixo a cruz que nos desina o tempo,
baixo a terra que a presada nos vai dicindo,
nos di:

               Había que chegar,


De cando en cando miña cume fala soia,
volve ó seu e logra del,
logra a resposta do vecín-peito enfermo,
peito que se espaia recio pra quel outro que non ten cura,
peito feito dela que chega a nós,
peito que volve a cume ó seu, 
súa infancia tecedeira,
súa primeira mirada que veu luz, 
seu mañán en onte xa feito, 
seu dia craro: 
toda verdade das cousas.

                    Anos poucos, Ouh!


Verba que comenza
María Mariño Carou



Pintura de Imeldo Corral

Comentarios

Publicacións populares