O sol de extramuros
Hanna repousa na biblioteca,
despacha correos nos scriptorios.
É a viúva que o vento desposou unha mañá
na que toda ela era primavera.
En setembro relocen máis que nunca
os teitos celestes dos castelos
os remates dos torreóns de bordos dourados.
Ela baixa da arquitectura de pináculos excesivos
a probar os bagos púrpuras da viña
que a vasta estación
estende en manto polas terras de labor.
Os cortesán demorados
apuran o sol de extramuros.
Pura Tejelo
Comentarios