Canto pra ter favores de Venus

Cántoche aposta pra ter os teus favores deusa
gran cousa é abondar o te seo a vrao vido
namais chegarlle terta a toda ti por beira
xa señas nova e noiva de en por hoxe
xa señas diaris miña sola sempre
longuismo labiolingua lambe lua
sal quente e nembro a nembro atopa todo
pra perdelo e volver de novo novamente
clameando chamando en chama pedindo
un novo intre aquí tan prometido
cando eramos ninos do sol soltos polos soutos
perdidos e certismos de atoparte oh núa
donda cómo doblas
donda cómo doblas
debrocas pra miña boca
pasas a un ora por toda a miña pel
esbaras axustas como un broche
Muller pra lonxe
Uxío Novoneyra


Fotografías de ® Claude Fauville



Comentarios

Publicacións populares